DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES

Con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de Novembro), os concellos colindantes ao de Oia conmemorarán este acontecemento con distintos actos:

  • O Centro de Información á Muller do Concello da Guarda comeza hoxe unhas xornadas de educación para a igualdade que levan por título: “Igualdina, ao outro lado do espello”, dirixidas aos escolares de educación primaria da Guarda. Estas xornadas desenvolveranse até o vindeiro venres día 9 de novembro.
  • O Concello do Rosal para conmemorar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres ten previsto a instalación dunha lona branca nos arcos da casa do concello xa nas datas anteriores a esta data na que todos/as os/as cidadáns/ás e colectivos poderán expresar de diversos xeitos (frases, poemas, debuxos…) a súa repulsa desta violencia.
  • O Centro de Información á Muller da Guarda organiza un obradoiro de autoestima e crecemento persoal dirixido ás mulleres da Comarca do Baixo Miño. Terá lugar os martes e xoves de 10:30 a 12:00h no centro cultural, previa inscrición no Centro de Información á Muller sito na Praza do Reló (ao lado do Xulgado de Paz) ou chamando ao número de teléfono 986614648. Prazo de inscrición dende o día 5 ao 12 de novembro.
  • O Centro de Información á Muller da Guarda, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, proxectará o filme “Grbavica. O secreto de Esma” gañador do Oso de Ouro do Festival de Berlín. O filme proxectarase o venres, 23 de novembro ás 20:30 horas no Centro Cultural da Guarda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará