SEMANA DA CIENCIA 2007

A Semana da Ciencia é un evento anual de carácter europeo coordinado en Galicia pola Consellaría de Innovación e Industria. Todo tipo de entidades, dende universidades a asociacións locais, intentarán amosar á sociedade a importancia da ciencia na vida cotiá, azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir ao público. Cafés científicos, teatro, obradoiros, xornadas de portas abertas, exposicións e moitas outras actividades percorrerán a xeografía galega do 5 ao 18 de novembro.Ver máis:

www.semanadaciencia.org

 

Dende a nosa escola acercaremos as nosas crianzas á ciencia con diversas actividades, obradoiros e recantos:

Recanto da ciencia (“Imos investigar”): imáns, embudes, lanternas, contagotas, pesos, lupas, balanzas, pinzas, plastilina, colorantes, papel de lixa, tubos, cintas métricas, tarros de diferentes tamaños,… Todos estes materiais e moitos máis poden espertar a imaxinación e a curiosidade das crianzas:

  • Flotar/afundirse.
  • As capas da terra. Moi doado de facer con plastilina de cores.

                                 tierra.jpg

  • Reloxo solar.
  • Atrapar a luz do sol co espello.
  • Facer flocos de millo.
  • Tintar a auga.
  • Os estados da materia (sólido, líquido e gaseoso).
  • A gravidade (tirar diferentes materiais dende unha altura).
  • Desprazamentos co corpo (subir, baixar, correr, rodar,…).
  • Desprazamentos de diversos materiais (soprando , rodando,…).
  • Transvasar líquidos de recipientes altos e estreitos a recipientes baixos e ancho.
  • Xogos de luces (eclipses, sombra, …).
  • Cal pesa máis? (xogar a pesar materiais na balanza).
  • Manipular diferentes materiais discontinuos (area, auga, barro, pan relado, fariña, plastilina,… )
  • Facer pompas de xabón.
  • Calidoscopio: imáxenes multiplicadas en multitude de coloridos.
  • Caixa de fototropismo: metemos unha planta nunha caixa tapada con un burato; a planta busca a luz cando crece.
  • Facer uns prismáticos con tubos de papel hixiénico e celofán para observar a natureza.
  • Xogar a atopar obxectos coa lupa.
  • Construir muíños de vento.

Recanto da saúde (“Hospital de bonecas”): Para este recanto precisaremos de camas, sabas, maletíns dos médicos, xiringas, toalliñas, cueiros, vendas, contagotas,…

  • Xogar aos médicos cos/coas bonecos/as.

                                   niños.jpg

  • Tomarnos a tensión.
  • Escoitar o corazón.
  • Cambiar os cueiros  e limpar os/as bonecos/as.
  • Pesarnos nunha báscula.
  • Limpar os dentes.
  • Lavar as mans e a cara antes e despois de comer.
  • Facer vendaxes aos/ás bonecos/as.

Rencanto das tecnoloxías (“Inventos máxicos”): Durante todo o curso fomentaremos o manexo das diferentes tecnoloxías (ordenador, televisión, radio, pizarra dixital, cámara de fotos,…).

  •  As crianzas fan fotos en diferentes horas do día na escola e na casa e logo facemos unha exposición fotográfica.
  • Buscar información en Internet sobre cousas que lles interesen ás crianzas.
  • Facer unha cámara de vídeo con  material de refugallo e xogar a grabarse entre eles/as.
  • Grabar as voces dos/as nenos/as e facer unha audición.
  • Grabarnos cunha cámara de vídeo e logo visionamos o film.
  • Construir unha tele con material de refugallo e xogar a dar noticias como no telexornal.
  • Fabricamos flashcards.
  • Visionar pequenos documentais de animais no DVD ou en Internet.
  • Construir un franelograma para representar as secuencias dun conto.
  • Traballar coa pizarra dixital para fomentar a lectoescritura.

                                 pizarra digital.jpg

Obradoiro de reciclaxe: con este obradoiro pretendemos que os/as nenos/as da escola tomen conciencia da importancia do aproveitamento dos materiais de refugallo para contribuir ao coidado do medio ambiente.

  • Pintar tres caixas grandes de cartón para reciclar: azul, amarela e verde.
  • Clasificar os materiais utilizados na aula en plástico, papel e lixo.
  • Construir xoguetes con material de refugallo.
  • Facer papel reciclado para utilizar na aula.
  • Aprender medidas de aforro enérxetico (apagar a luz, pechar a billa mentres lavamos os dentes, ducharse en lugar de bañarse,…).

Obradoiro de cociña: o obxectivo principal será fomentar unha boa alimentación e hábitos saudables.

  • Aprender as cantidades e os ingredientes das comidas.
  • Observar os cambios dos alimentos.
  • Experimentar olores.
  • Esperar os turnos.
  • Elaborar receitas saudables e divertidas para os/as cativos/as (brochetas de froitas, macedonias, ensaladas,….)
  • Pesar os ingredientes.
  • Manipular os alimentos e utensilios axeitados.
  • Recoller e fregar os utensilios.
  • Disfrutar dos alimentos elaborados.

1 reflexión sobre “SEMANA DA CIENCIA 2007

  1. Equipo educativo de Pantón

    Ola:
    Dende Pantón queremos felicitarvos polo voso estupendo blog e animarvos a que sigades nesta liña. 1 saúdo e ánimo!

    Responder

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará