A Semana da Ciencia é un evento anual de carácter europeo coordinado en Galicia pola Consellaría de Innovación e Industria. Todo tipo de entidades, dende universidades a asociacións locais, intentarán amosar á sociedade a importancia da ciencia na vida cotiá, azuzar o pensamento, provocar a curiosidade e divertir ao público. Cafés científicos, teatro, obradoiros, xornadas de portas abertas, exposicións e moitas outras actividades percorrerán a xeografía galega do 5 ao 18 de novembro.Ver máis:
www.semanadaciencia.org
Dende a nosa escola acercaremos as nosas crianzas á ciencia con diversas actividades, obradoiros e recantos:
Recanto da ciencia (“Imos investigar”): imáns, embudes, lanternas, contagotas, pesos, lupas, balanzas, pinzas, plastilina, colorantes, papel de lixa, tubos, cintas métricas, tarros de diferentes tamaños,… Todos estes materiais e moitos máis poden espertar a imaxinación e a curiosidade das crianzas:
- Flotar/afundirse.
- As capas da terra. Moi doado de facer con plastilina de cores.

- Reloxo solar.
- Atrapar a luz do sol co espello.
- Facer flocos de millo.
- Tintar a auga.
- Os estados da materia (sólido, líquido e gaseoso).
- A gravidade (tirar diferentes materiais dende unha altura).
- Desprazamentos co corpo (subir, baixar, correr, rodar,…).
- Desprazamentos de diversos materiais (soprando , rodando,…).
- Transvasar líquidos de recipientes altos e estreitos a recipientes baixos e ancho.
- Xogos de luces (eclipses, sombra, …).
- Cal pesa máis? (xogar a pesar materiais na balanza).
- Manipular diferentes materiais discontinuos (area, auga, barro, pan relado, fariña, plastilina,… )
- Facer pompas de xabón.
- Calidoscopio: imáxenes multiplicadas en multitude de coloridos.
- Caixa de fototropismo: metemos unha planta nunha caixa tapada con un burato; a planta busca a luz cando crece.
- Facer uns prismáticos con tubos de papel hixiénico e celofán para observar a natureza.
- Xogar a atopar obxectos coa lupa.
- Construir muíños de vento.
Recanto da saúde (“Hospital de bonecas”): Para este recanto precisaremos de camas, sabas, maletíns dos médicos, xiringas, toalliñas, cueiros, vendas, contagotas,…
- Xogar aos médicos cos/coas bonecos/as.

- Tomarnos a tensión.
- Escoitar o corazón.
- Cambiar os cueiros e limpar os/as bonecos/as.
- Pesarnos nunha báscula.
- Limpar os dentes.
- Lavar as mans e a cara antes e despois de comer.
- Facer vendaxes aos/ás bonecos/as.
Rencanto das tecnoloxías (“Inventos máxicos”): Durante todo o curso fomentaremos o manexo das diferentes tecnoloxías (ordenador, televisión, radio, pizarra dixital, cámara de fotos,…).
- As crianzas fan fotos en diferentes horas do día na escola e na casa e logo facemos unha exposición fotográfica.
- Buscar información en Internet sobre cousas que lles interesen ás crianzas.
- Facer unha cámara de vídeo con material de refugallo e xogar a grabarse entre eles/as.
- Grabar as voces dos/as nenos/as e facer unha audición.
- Grabarnos cunha cámara de vídeo e logo visionamos o film.
- Construir unha tele con material de refugallo e xogar a dar noticias como no telexornal.
- Fabricamos flashcards.
- Visionar pequenos documentais de animais no DVD ou en Internet.
- Construir un franelograma para representar as secuencias dun conto.
- Traballar coa pizarra dixital para fomentar a lectoescritura.

Obradoiro de reciclaxe: con este obradoiro pretendemos que os/as nenos/as da escola tomen conciencia da importancia do aproveitamento dos materiais de refugallo para contribuir ao coidado do medio ambiente.
- Pintar tres caixas grandes de cartón para reciclar: azul, amarela e verde.
- Clasificar os materiais utilizados na aula en plástico, papel e lixo.
- Construir xoguetes con material de refugallo.
- Facer papel reciclado para utilizar na aula.
- Aprender medidas de aforro enérxetico (apagar a luz, pechar a billa mentres lavamos os dentes, ducharse en lugar de bañarse,…).
Obradoiro de cociña: o obxectivo principal será fomentar unha boa alimentación e hábitos saudables.
- Aprender as cantidades e os ingredientes das comidas.
- Observar os cambios dos alimentos.
- Experimentar olores.
- Esperar os turnos.
- Elaborar receitas saudables e divertidas para os/as cativos/as (brochetas de froitas, macedonias, ensaladas,….)
- Pesar os ingredientes.
- Manipular os alimentos e utensilios axeitados.
- Recoller e fregar os utensilios.
- Disfrutar dos alimentos elaborados.