
XORNADAS EDUCATIVAS – BLOG TECENDO FÍOS NA REDE (ÁREA ESCOLAS CGSIB)
[20-12-2017] Ao longo do mes de novembro desenvolvéronse varias xuntanzas educativas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar coas direccións de todas as escolas da Rede, nestes encontros abordáronse temáticas de gran interés para a pedagoxía da infancia 0-3.
Organizáronse catro obradoiros prácticos relacionados coa liña metodolóxica das escolas infantís da Rede:
–Dinamización e coordinación: estratexias e ferramentas.
-Propostas de xogo.
-Alimentación, hixiene e descanso.
-A observación e avaliación.
O obxectivo destas xornadas consistía fundamentalmente en xerar un espazo de encontro e debate para reflexionar e compartir liñas comúns de actuacións no día a día das escolas, ademais de achegar ferramentas e recursos ás direccións dos centros que lles axuden na súa labor como dinamizadoras e coordinadoras dos equipos educativos.
A través deste tipo de xuntanzas promóvese o traballo en Rede, fomentando e potenciando a liña metodolóxica común e característica do proxecto educativo das escolas infantís. En próximas publicacións afondaremos nos contidos e conclusións de cada un dos obradoiros.