Pago de taxas das Escolas Infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar
Os procedementos de pago explicados nesta sección só son válidos para as escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar. Pode consultar a lista destas escolas premendo na seguinte ligazón.
A Consellería facilítalle o procedemento de abono das taxas mensuais correspondentes ás escolas infantís 0-3 que dependen dela. Establécense dous procesos de pagamento diferenciados:
-
Pago Telemático: todo o proceso de pago pódese realizar a través de internet mediante a utilización dunha tarxeta de crédito (Caixanova/Caixa Galicia).
Obtención de formularios e pago presencial: a través da web é posible obter e encher os formularios de pagamento que logo deben ser impresos e presentados nunha das entidades bancarias colaboradoras para efectuar o pago.
Nota Importante: Independentemente da opción escollida para realizar o pagamento é preciso entregar na escola infantil un xustificante da operación realiza.
Instrucións de pago telemático
Aviso: Só é posible utilizar este sistema se dispón dunha tarxeta das seguintes entidades: Caixanova, Caixa Galicia. En caso contrario debe utilizar o procedemento indicado no seguinte apartado.
Os pasos a seguir para realizar o pagamento das taxas de forma totalmente automatizada a través do ordenador son os seguintes:
- Acceder á aplicación de pagamento de taxas aquí
- Entrar en Servizos de Acceso Libre
- Premer en Taxas, Prezos, Multas e Sancións e posteriormente seleccionar Pago telemático de taxas e prezos
Agora só resta Iniciar a aplicación de pagamento seleccionando a opción adecuada e encher os datos solicitados na seguinte orde:
- Consellería: Seleccione Igualdade e Benestar (código 14)
- Servizo: Seleccione Garderías (código 002)
- Delegación: Seleccione como delegación a provincia á que pertence a escola. Os códigos asociados a cada delegación son: A Coruña (10), Lugo (20), Ourense (30), Pontevedra (40)
- Taxa: Seleccione do listado mostrado a taxa Escolas Infantís 0-3 que ten como código identificativo o 361200
- Obxecto de pago: Nesta sección é importante que especifique claramente a seguinte información: mes do que realiza o pagamento, escola infantil, nome do neno/a, e aqueles descontos a cuota mensual que sexan aplicables ao mes en cuestión.
- Total a ingresar: Cuota mensual que lle corresponde abonar
Unha vez introducida a información debe Validar e en caso de non haber ningún erro aparecerá a cuota confirmada na parte superior da pantalla e poderá premer no botón Continuar. O sistema pedirá entón a introdución dos seus datos persoais. Unha vez introducidos correctamente debe volver a Validar igual que fixo no caso anterior e en caso de éxito mostrarase o código de verificación e o número de operación, dos que debe tomar nota pois serán de utilidade en caso de que houbera calquera tipo de problema coa realización do pagamento. Prema o botón Continuar novamente. O sistema pedirá entón a introdución da seguinte información:
- Tipo de ingreso: Telemático
- Forma de pago: Pago con tarxeta
- Entidade: Seleccione a súa entidade de entre as dispoñibles (Caixanova ou Caixa Galicia)
- Nº de tarxeta: Introduza a información da súa tarxeta
Resta agora só Validar a información e confirmar na seguinte pantalla o Ingreso mediante a opción correspondente.
Instrucións de pago presencial
Os pasos a seguir para realizar este tipo de pagamento son os seguintes:
- Acceder aquí á web da Consellería de Facenda, que permite a descarga dos formularios
- Premer en Modelo AI. Autoliquidacion de Taxas
- Introducir a información pedida baixo a categoría Códigos. As seccións Consellería, Delegación, Servizo e Taxa énchense exactamente igual que no caso anterior. Pode consultar os valores e códigos exactos a introducir no apartado 1. A única salvedade está no apartado taxas, onde ademáis da súa denominación, prégase indicar o mes do que se realiza o pago, a escola infantil, o nome do neno/a, e se existe algún tipo de desconto a aplicar á cuota mensual
- Introducir os datos persoais baixo a categoría Suxeito pasivo
- Introducir o Importe a ingresar (os outros dous apartados deben quedar baleiros)
- Finalmente só resta premer no botón Obter Formulario
O sistema xera entón un documento .pdf coa información que debe imprimir, asinar e presentar nalgunha das entidades bancarias colaboradoras para proceder ao pago das taxas. Pode consultar un arquivo .pdf de exemplo de de formulario de pagamento de taxas xerado a través da aplicación aquí.