Resolución da Xerencia do Consorcio pola que se convoca o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 para o curso 2022/23
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, a través da Sede electronica Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal a través dos formularios normalizados dos procedementos BS404B (para a renovación de prazas) e BS404A (para a solicitude de praza de novo ingreso)
Opcionalmente, poderanse descargar os formularios (BS404B eBS404A) tanto na sede electrónica da Xunta como nas páxinas web: https://politicasocial.xunta.gal e https://igualdadebenestar.org, para presentalo presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Para todos aqueles casos nos que non sexa posible a presentación telemática, a partires do 17 de marzo o persoal da escola infantil acompañará a través de atención telefónica, tanto para aclarar calquera dúbida, axudarlles na cobertura dos anexos a presentar, xunto coa documentación xustificativa, así como para concretar unha hora de atención na escola caso de ser preciso, con cita previa. Neste suposto acudirá solamente unha persoa por familia.
Impresos solicitudes de novo ingreso BS404A galego
Impresos solicitudes de novo ingreso BS404A castelán
Impresos solicitudes de renovación BS404B galego
Impresos solicitudes de renovación BS404B castelán
Anexo VI relación escolas Consorcio galego
Anexo VI relación escuelas Consorcio castelán