Programa “a_tempo”
Autor/a: Idioma: GalegoLigazón: http://www.atempo.com.esTamaño: Descrición: O programa a_tempo foi deseñado pola Asociación Galega de Atención Temperá (AGAT) para a implantación dun programa de cribado dirixido a detección precoz dos trastornos do desenvolvemento nas escolas infantís de 0 a 3 anos.
O programa enmarcase no plan estratéxico de calidade da Secretaría da Igualdade da Vicepresidencia da Xunta de Galicia e trata de mellorar e poñer en valor o papel das escolas infantís na detección e atención das nenas/os con necesidades sociais ou educativas especiais
Trátase dun programa pioneiro e innovador que se aplicará en Galiza e que, a data de hoxe non atopa similitudes en ningunha outra comunidade autónoma.
O obxectivo do proxecto é o de detectar canto antes posibles trastornos no desenvolvemento persoal dos cativos, que poden desembocar —se non son tratados a tempo— en importantes alteracións de saúde, de comportamento e/ou psicolóxicas.Visitar