
Os pequenos das escolas infantís de Marín convírtense en “magos” por unhas horas
[19/04/2017] Os nenos das escolas infantís da localidade pontevedresa de Marín (San Pedro e Seixo) disfrutaron o pasado 17 de abril dunha xornada de maxia adaptada ás idades de 0 a 3 anos, protagonizada polo “mago Paco” -pai dunha das usuarias do centro de Seixo-, incluída no II Festival Nacional de Maxia Infantil, que organizou o Concello marinense e que tivo lugar entre o 19 e o 22 de abril.
Os nenos participaron activamente na actuación do mago
Os pequenos desas dúas escolas transformáronse en magos durante unhas horas, participando activamente na actuación e conseguindo cumprir ao mesmo tempo varios dos obxectivos que forman parte do proxecto educativo da rede: para os cativos, favorecendo o seu interese e a súa curiosidade polo contorno físico, social e cultural e potenciando unha actitude aberta e constructiva respecto da realidade, que lles axude logo a adquirir unha visión positiva da vida; para á comunidade, aproveitando os recursos (socio-culturais, físicos, humáns, naturais…) que ofrece o contorno, como elementos de aprendizaxe e dinamizadores das propias escolas.
Este tipo de propostas reforzan un dos piares básicos para a rede de escolas infantís de Galicia, xa que mostran a colaboración e a apertura dos centros á comunidade e ao contorno próximo.