
OS OVIÑOS DAS BUBELAS – BLOG ESCOLA INFANTIL ILLA DE AROUSA
Na aula “Bubela” elaboramos uns ovos para poñer a nosa foto coa data de nacemento, para festexar os nosos aniversarios e ó mesmo tempo facer decoración para a aula.
Ángela estaba encantada pintando coa pintura en pó, pero a Guille esta nova técnica non lle gustaba moito.
Aquí temos a Elisa pintando sen soltar ó seu cadeliño, que o leva con ela a todas partes.
Ashley e Ariadna tamén colaboraron moito en decorar os seus ovos, pero aquí vos deixo a tarefa de adiviñar quen é cada unha…..Quen será quen???
E Simón prestaba moita atención para que lle quedara ben bonito.
Daniela pintou o seu ovo con moito tino e tendo moito coidado para non ensuciar as mans.
E Lola esplallou todas as súas dotes artísticas para pintar todiño e que non lle quedara nada sen pintar.