O libro dos cen poemas. antoloxía da poesía infantil galega.

Autor/a: Álvarez Cáccamo, X.M. e Núñez, M.
Idioma: Galego
Tamaño:
Descrición: Trátase dunha recolleita de poemas tradicionais ou populares e tamén de diversos autores, estruturados en cinco apartados: “Animais”, “Cancións de berce”, “O mundo”, “Cancións de festa” e “Nenos e nenas”: fórmulas para xogos e textos nos que eles son os suxeitos principais da acción poemática, desde unha visión nostálxica, inxenua ou tamén dramática.
Pecha o libro un amplo caderno de actividades sobre quince dos poemas. Incorpora propostas de complexidade progresiva: partindo da Educación Infantil, procuran estimular a participación do alumnado, posibilitando ademais en moitos casos o traballo interdisciplinar nas aulas.

Total Page Visits: 480 - Today Page Visits: 1