
Mariñeiros: Cidade de cores – Blog escola infantil Betanzos
[07-04-2017] Ola familias! Como sabedes, o mes de marzo estivemos a traballar as cores mediante diversas actividades: recibimos cofres con obxectos de todo tipo, manipulamos e probamos alimentos, insertamos pompóns nos tubos correspondentes, pintamos con té vermello, fixemos o noso propio álbum cos recortes que trousxestes…
Tamén celebramos os aniversarios de Anxo, Sarela, Martín M, Eloy e Jorge. Felices 3 aniños pequerrechos/as
Total Page Visits: 830 - Today Page Visits: 1