Chirlosmirlos. Enciclopedia dos xogos populares

Autor/a: Cortizas , Antón
Idioma: Galego
Tamaño:
Descrición: Enciclopedia dos xogos populares, resultado dun labor de investigación e de organización realizado ao longo de varios anos, reune máis de CATROCENTOS XOGOS, coas súas variantes e con propostas de adaptación ou anovación nalgúns dos casos.
Xogos de correr ou de agochar; xogos de grupos e de equipos; xogos de roda; xogos con pelota; xogos das lombas; xogos das bólas ou con peón; xogos das tabas, coios e dados; xogos de lanzar ou de espetar; xogos da billarda; xogos da chapa; xogos da goma, da corda ou con aros; xogos para xogar no colo cos máis cativos; e unha boa resta de cancións para choutar á corda.
Esta enciclopedia contén numerosas ilustracións explicativas de cada xogo; e tamén as partituras de moitas das cancións, producto dunha laboriosa transcrición musical.

Total Page Visits: 408 - Today Page Visits: 1