Cantarolas e contos prá xente miuda

Autor/a: Neira Vilas, X. Miranda, A.
Idioma: Galego
Tamaño:
Descrición: Este libro está estruturado en dúas partes, na primeira, “Cantarola dos nenos”, de Neira Vilas, presentanse poemas publicados en 1974 en “Axóuxere”, semanario infantil do xornal”La Región”. Son vinte poemas nos que: a natureza (o vento, o río, o sol…), os animais (as formigas, as bolboretas, o grilo ou o rei rei) ou os xoguetes artesáns (o “tuturutú”, o “subiote”, o “cabaliño”) cobran vida nun contorno rural que combina o lirismo con elementos realistas. A súa musicalidade pregoa o cantar común e solidario de todos os nenos e nenas do mundo, e a sinxeleza da composición fai posible unha fácil memorización a modo de cantar popular infantil.
A segunda parte, de Anisia Miranda, contén”Dous contos galegos”. No primeiro, unha ra presumida case afoga no río ao confundir unha tartaruga cunha pedra e despois de negarlle a axuda a unha bolboreta en perigo. No segundo, un pequeno caracol preguiceiro e dormilón cambia os seus hábitos grazas aos consellos da súa nai.

Total Page Visits: 533 - Today Page Visits: 1