A crianza que sabe sentar
Autor/a: Blanco, Lois; Santos Mato, CarlosIdioma: GalegoTamaño: 372877Descrición: A medida que os bebés van acadando as súas primeiras conquistas, van dando pasos iniciais no desenvolvemento da súa autonomía persoal.
Cando consegue levar o seu dedo polgar á boca, é un logro importante que significa para os nenos e as nenas a posibilidade de consolarse cando o necesitan; quere dicir tamén que xa poden decidir, sempre que o desexe, coller un obxecto próximo para miralo, ulilo, chupalo, e chegar a coñecer desta maneira que interese ten aquel obxecto para elas/es.
Con cada conquista, o bebé vai ampliando enormemente as súas posibilidades de interacción co seu contorno e as súas posibilidades de acción de forma cada vez máis autónoma.Descargar
Total Page Visits: 550 - Today Page Visits: 1