Arquivo da categoría: As miñas anotacións

COMER NA ESCOLA

COMER NA ESCOLA

Entendemos a alimentación mais alá da nutrición xa que as crianzas mentres comen, tamén se relacionan cos demais, exercitan a súa autonomía, adquiren unha actitude activa e de esforzo, senten respectados os seus sentimentos,…aspectos que van configurando a súa maneira de ser, de sentirse e de afrontar a vida.

Dende o punto de vista educativo plantexamos o desenrolo das comidas de maneira que permita ás crianzas experimentar e, en consecuencia, que aprendan a comer porque teñen fame, porque é bo, porque o necesitan, non para dar satisfacción ao adulto ou evitar que este lle reprenda. Por esta mesma razón, non é educativo nen beneficioso dar a comida á forza. É preferíbel que a crianza coma pouco a que o faga a desgusto e sentíndose violentada. Con respecto e sen forzar a crianza comerá mellor nas seguintes comidas a nosa misión é buscar recursos para estimular e reforzar a súa boa disposición cara a comida.

O interese pola comida comeza dende bebé cando permitimos que esté activo e participe no acto de comer. Se non lle damos a oportunidade ás crianzas de que fagan as cousas por si mesmas e se fai no seu lugar o que obxectivamente pode facer, lle transmitimos a dobre mensaxe “ti non sabes, o fas mal,…”

 

Lectura recomendada

“Pequeños y competentes: de las actividades cotidianas al aprendizaje de la autonomía.” Carme Thió de Pol, Pep Llenas.

O agardado vídeo da vendima

As uvas moradas que hai no lagar, as piso e as piso e as volvo a pisar.

Un día do mes de outubro, chegou un señor de barba branca á escola  chamado  Domingo e que resultou ser o pai de Nuria –educadora da aula dos bombeiros-. E Domingo, chegou cargadiño de trebellos para que todas e todos aprendésemos o sabio arte de facer mosto. E claro que fixemos mosto e ulimos o doce cheiro das uvas, e sentimos, nos espidos pés, coma explotaban as moradas uvas desexosas de ser zume.

E tanto pracenteiro  traballo  levounos a aquel rico mosto, xa con un pouco de grado, que os adultos bebíchedes  o día do festexo do Samaín.

GRAZAS DOMINGO!

 

vendima-09-101