O Samaín é unha das nosas festas preferidas. Bruxas, cabazas e morcegos toman a escola para a ocasión. O ano pasado inauguramos a habitación do medo e nesta edición resultou, igualmente, exitosa. Merenda con castañas e batido, baile e acendido de cabazas completaron a festa. No vídeo non estades todas e todos por cuestións técnicas, desculpade! A finais de curso levaredes un cd con todas as fotos. Grazas por participar!
SAMAÍN
Deixa unha resposta