Desexamos a toda a comunidade educativa… BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO 2009!
“Adiante polos soños que aínda nos quedan
adiante por aqueles que estarán por vir
Adiante porque non importa a meta
o destino é a promesa de seguir! Adiante!”
Na aula dos bebés estamos a programar un obradoiro de masaxes pero mentres tanto imos ensaiando o que sabemos de antemán…
O ambiente era ideal: luces apagadas pero con candeas acendidas, música de relaxamento, un ambiente cálido, unhas mans quentiñas e uns e unhas bebés dispostos a todo acurrucadiñ@s no colchón…
E de súpeto, guau que sensación! Aceite de améndoas percorrendo o seu corpiño: suavidade, calidez, tacto, emocións… Si que é certo que houbo algunha (Icía) que quería baixar do colchón e que prefería andar por ahí tan campante! pero en xeral foi todo un placer!
Na aula dos polbos están a traballar a cor vermella e entre xogos, actividades e debuxos foron aprendendo a uns máis que outr@s cal é a cor vermella. Pensamos, entón, en facer a receita da cor vermella: uns tomates recheos que estaban de rechupete!
Por todas e todos é sabido que @s bebés todo aquilo que atopan, todo aquilo que levan á boca. Pensamos, pois, por qué non experimentar o que fan cun iogur de fresa e un papel de embalar? Dispuxemos os elementos no chan e lles deixamos libremente facer o que quixeran. Casi que evidente sabíamos que a súa primeira resposta sería levar á boca e así foi pero tamén fixeron uns trazos no papel dignos de ver! A verdade é que a experiencia foi moi gratificante para @s bebés aínda que si que é certo que tamén houbo algún choro polo medio…
E despois… tocou baño! Estabamos de iogur dende a cabeza até os pés… pero foi moi divertido xa que o pasaron pipa gozando da auga quentiña…
Foi unha experiencia que recomendamos a todalas aulas de bebés que vos apetece experimentar!