Hoxe vai un ano que a nosa galescola votou a andar. Non foi un ano fácil pero si de moitas satisfaccións. Un duro camiño que con moita ilusión comezamos a percorrer todas e todos xunt@s. Un tren no que nos subimos e do cal non queremos baixarnos. Agora que xa vamos para o segundo ano seguimos cheas e cheos de ilusión e con moitas gañas de seguir tirando para adiante!
Moitas grazas a todas e a todos!
Con motivo deste festexo hoxe na galescola expoñeremos unha pancarta feita por educadoras e crianzas e, así mesmo, desfrutaremos dunha pequena festa de benvida de outono con follas, castañas,… e moito máis!
Eiquí podedes ir vendo algunha mostra do que imos facendo…
Divertímonos xogando coas follas…
Degustamos as castañas asadas! Que boas estaban!