A aula de bebés este ano son: AS ESTRELAS DE MAR

Iria e Nuria que somos as educadoras de 0-1 queremos facervos unha pequena presentación da nosa aula:

  IMG_13631.JPG  IMG_1364.JPGZona de descanso: na porta temos un cartel de cada crianza explicando Cómo durmo? Deste xeito se algunha das dúas faltamos a educadora que veña saberá cómo durme cada crianza.

 

   IMG_1361.JPG       IMG_13621.JPG 

O espello coa barra e a zona de xantar que ao igual que a de descanso tamén ten uns carteliños cos que saberemos que alimentos sí e cales non teñen introducidos as crianzas da aula.

  IMG_1366.JPG             IMG_1360.JPG

 “Chupeteiro temporal feito de lá”        “Cartel aniversarios”

                                       IMG_1367.JPG                                     

Concebimos o momento de hixiene como un momento educativo máis ao longo da mañá. Co cambiador no chan dános a oportunidade de interacturar, xogar, facer unha masaxe dun xeito máis directo e que ao longo do curso daralles a oportunidade ás crianzas de poder baixar no momento que o desexen.

IMG_1375.JPGIMG_1379.JPG

A nosa zona de xogo na que pasamos moito tempo porque polo momento só temos un gatexante, Rodrigo, que recorre a aula de aquí para alá ao longo da mañá.

Aínda nos queda algunha parte por mostrar que vos iremos ensinando xa que imos pasiño a pasiño…

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *