De volta á galescola…

Comezamos un novo curso na galescola de Fene. O día 1 de setembro temos preparada unha xornada de portas abertas de 11:00h da mañá até ás 13:00h do mediodía na que familias e crianzas poderán coñecer á galescola e as súas instalacións así coma ao resto das familias e crianzas que connosco pasarán o próximo curso.

Ao longo da semana xa realizaremos as entrevistas iniciais así como daremos comezo ao período de adaptación.

Dende aquí queremos dar a benvida a todas as familias, novas e vellas, e desexarlles un bo comezo de curso.

Bicos e apertas, a equipa educativa.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará