Mandala de Outono

Aproveitando o outono, preparámoslles unha actividade de manipulación e exploración moi interesante polo seu impacto visual … unha mandala de outono. A parte da finalidade de estimulación sensorial e motora, decidímonos pola mandala para reforzar a forma circular, por iso a fixemos redondiña redondiña!!

Mandala de Outono

Mandala de Outono

O outono

Aquí vos deixo unhas imaxes dalgunhas das actividades que realizaron as crianzas no primeiro trimestre deste curso 2013 -2014, nas que o fío condutor foi unha das súas estacións favoritas: O Outono

  • Debullamos millo!
Debullando millo

Moi a miúdo os nenos e nenas amosan gañas por beliscar obxectos pequenos. Ás veces observámolos/as recollendo pedriñas, botóns, moedas e obxectos similares; eses obxectos adoitan volver ao seu punto de partida ou acabar rodando polo chan; noutras ocasións, buscan algún burato polo que meter eses obxectos pequenos, como cando procuran poñer tapóns ás botellas ou botar moedas dentro do peto. Esta actividade, realizada moitas veces de forma natural, como un xogo, responde a un importante traballo de motricidade fina, neste caso ao efectuar os beliscos, realízanse movementos de pinza. Cando lles pedimos que enchan recipientes, están a realizar unha acción complementaria do baleirado (acción que realizan máis a miúdo); ademais no caso desta actividade engadimos a riqueza do traballo cos materiais naturais que poden atopar no seu contorno .

  • Manipulamos fariña!
Manipulando a fariña

Esta actividade en especial, estimula o sentido do tacto e desenvolve a motricidade fina, manipulárona libremente e pasárono moi ben!

  • Clasificando os froitos do Outono
Clasificando froitos do outono

Clasificando froitos do outono

Nesta actividade presentámoslles diferentes froitos típicos do outono, noces, avelás, castañas… primeiro adicaron un tempo a tocar, explorar e manipular e logo comezaron a clasificar en pratos segundo o froito que era e… fixérono moooi ben!

Prazo de reserva curso 2013-2014

Ola de novo familias!

Como sabedes o prazo de matrícula para comezar en setembro o curso 2013-2014, rematou o día 12 de xuño, pero non pensedes que isto remata aquí! Volvemos a comezar de novo!

Comeza agora e ata o 31 de agosto o prazo de preinscrición e reserva de praza para comezar en outubro de 2013 o vindeiro curso escolar.

Así que, animade a eses familiares e amigos/as con cativos menores de 3 anos a que se acerquen ata a escola para que poidan vivir esta experiencia!

Un saúdo do equipo!

Animaladas!

Esta última semana tivemos a sorte de poder contar coa colaboración de diferentes familias. A súa aportación non foi outra que a visita dos diferentes animais que tiñan na casa.

Neste tempo estivemos a traballar coa Unidade Didáctica dos animais, como seres que forman parte do noso medio natural e … que mellor maneira de saber algo deles que en vivo e en directo?

Visitounos…

UN COELLO

UN CAN

UN PEIXE

UN FALCÓN!

 

UNHAS TARTARUGAS!

UNHA GATA!

 

E … UN RUFUS!!

Cambiamos de estación: A Primavera

A primavera chegou (aínda que non o pareza) e con ela todo se  cubriu de flores. Na escoliña aproveitamos o cambio de estación para traballar coas nosas crianzas o coñecemento do noso entorno natural, das plantas como seres vivos que son e o importante que é coidalos e respectalos. Disfrutaron moito explorando e manipulando diferentes plantas, enredando coa terra,… pero no que máis se implicaron foi no coidado da súa mascota: coidárona cada día, regándoa, recortándoa e  … incluso lle puxeron nome!

 

 

Día das Letras Galegas

O pasado 17 de maio conmemoramos en toda Galicia o noso día, o Día das Letras Galegas. Aínda que este día tan especial é unha celebración para homenaxear a aquelas persoas que destacasen pola súa creación literaria en galego ou pola defensa da lingua (Roberto Vidal Bolaño foi o homenaxeado neste 2013), na escoliña decidimos celebralo doutro xeito … cunha Romería Típica Galega!!

Viñemos todos e todas vestidos/as de galegos/as e a festexar!

Aquí vos deixamos unha mostra do ben que o pasaron!

Listaxe Provisional de Admitidos/as na EI de Camariñas

O pasado 2 de maio saíron publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e de agarda nas Escolas Infantís 0 – 3 dependentes do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para o vindeiro curso 2013-2014, ao cal peretencemos.

No seguinte enlace poderedes botarlle unha ollada a listaxe provisional da nosa escoliña. Tamén podedes vela nas ligazóns que temos no blogue do Consorcio e a Galiña Azul. Noraboa a todos/as!!

listas_provisionais_camarinhas

Coñecendo os alimentos

Os contidos sobre a saúde e os alimentos constitúen unha aprendizaxe fundamental nas primeiras idades, para asentar as bases dunha boa educación para a saúde, unha nutrición equilibrada e o benestar da propia persoa.

Con esta Unidade Didáctica o que pretendemos é que os/as nenos/as coñezan os diferentes alimentos, os seus nomes e a súa procedencia, pero tamén afianzar actitudes relacionadas coa boa alimentación e a nutrición variada.

Eles/as tomaron boa nota e exploraron

E puxémonos mans a obra!!

Logo, chegou o momento de cociñar un saboroso puré de verduras!

Un pouquiño de sal…

E mentres esperamos… que podemos faceeer??

Ah! O regaliño do Día do Pai!! Como traballaron!

E…chegou o momento de saborear a receita!

Houbo quen provou…

E lle gustou!

Houbo a quen non lle gustou moito!

E quen … simplemente pasou do que alí se cocía!!jejeje