Categoría: Sen categorizar

Aula Azul: Novembro

Este mes cheo de choiva non nos permitiu sair ao patio exterior pero, na aula, fixemos un montón de cousas, descubrindo xogos novos compostos por elementos naturais como a madeira ou as follas secas e mesmo experimentando con fariña, novas texturas, novas sensacións que van compoñendo o mundo do ser arredor.  

AULA VERMELLA: NOVEMBRO

Ola familias! No mes de novembro estivemos a traballar o outono: visitamos o recanto desta estación, xogamos con follas secas e transparencias na caixa de luz, manipulamos froitas da tempada, experimentamos cun colgadoiro sensorial e festexamos o magosto co grupo Os Brigantinos. Ademais, no recanto artístico, xogamos con fariña e fixemos un mandala. Outras actividades […]

AULA AMARELA: OUTUBRO

Ola familias! Despois dunhas primeiras semanas de adaptación ao novo entorno e ás rutinas da escola, comezamos Outubro con moitas ganas de experimentar e vivir novas experiencias.  Aproveitamos a chegada do Outono para poñernos en contacto cos cambios que se producen na natureza e achegarnos aos costumes propios desta época. Gozamos facendo a vendima, recollendo […]

AULA ROSA: OUTUBRO

Ola familias!!! Durante estes dous meses na aula rosa adicámonos a coñecernos ben, ver contos, cantar cancións e…a xogar sen parar. Ademais, para festexar o Samaín viñemos terroríficamente caracterizados, daba moito medo entrar na nosa aula 😉  Aquí vos deixamos unha pequena mostra.  Un saúdo, Tania e Sonia.

AULA DE TARDE: OUTUBRO

Ola familias! Empezamos este novo curso traballando con moitas ganas. Neste mes de outubro fixemos moitas actividades coas que desfrutamos un montón, como a vendima ( na que nos encantou comer moitas uvas), pintar con iogur,xogar co dado e o panel das emocións, manipular diferentes elemento do outono e xogar na mesa de luz entre […]

AULA AZUL: OUTUBRO

Este mes os máis peques da escola xuntáronse na aula azul para desfrutar de novas experiencias, descubrir un mundo novo e experimentar con novos elementos. Todo isto acompañado dos novos amigos que tamén amosan ser interesantes para ser descubertos, xa que se fixan moito nuns nos outros. Cando o tempo o permite saímos a gozar […]

AULA VERMELLA: OUTUBRO

Ola familias! No mes de outubro comezamos a traballar as emocións, temática da escola para este curso. Empregamos un dado e un taboleiro e tamén elaboramos o noso propio panel. Ademais estivemos coñecendo a nova aula a través de diferentes recantos. Un dos eixes principais foi a vendima: recollemos a uva, pisámola e probamos o […]

AULA VERDE: OUTUBRO

Ola familias! No mes de outubro comezamos a traballar as emocións, temática da escola para este curso. Empregamos un dado e un taboleiro e tamén elaboramos o noso propio panel. Ademais estivemos coñecendo a nova aula a través de diferentes recantos. Un dos eixes principais foi a vendima: recollemos a uva, pisámola e probamos o mosto. […]

Ahí vai o maio!

Neste mes fixemos de todo! Dende sementar herba e argallar coa terra entre transvases, pasando por instalacións con papeis de cores, ata ver medrar aos poliños que tivemos de invitados na escola. Como nos encantan os minimundos… desta vez xogamos cos animais mariños nun pequeno mundo cheo de espuma! Pintamos con ramiñas de árbores e […]

A PRIMAVERA DOS XARDINEIROS

Por fin chegou a primavera. Na aula dos xardineiros non paramos neste mes e fixemos diversas actividades relacionadas co mes das flores!!! Para comezar, a maleta viaxeira viaxou aos fogares dos xardineiros Egan, Erick, Hugo e Marta, que traballaron moito en compañía das súas familias. Ademais, descubrimos diferentes técnicas de pintura ( con flores, con […]

Páxina seguinte » « Páxina anterior