Aula Rosa: Febreiro

Ola familias!!!

Este mes que acabamos de pasar adicámolo maiormente a  festexar o entroido. Esta festividade caracterízase polo colorido e musical dos seus acontecementos polo que aproveitamos para sacarlle o maior partido posible con actividades como batucada con botes e culleres metálicas, instalación con serpentinas e abanos, xogo con complementos como sombreiros, gafas, perrucas…Todo isto sen deixar de presentarlles ás crianzas diferentes materiais que os sorprendan e desperten a súa curiosidade para seguir vivenciando novas e enriquecedoras experiencias.

Ata o vindeiro mes familias!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará