AULA AMARELA: FEBREIRO

Ola familias!

Neste mes de Febreiro gozamos moito coa celebración do Entroido, aproveitamos a ocasión para experimentar libremente con complementos e disfraces… a estrela foron os zapatos de tacón! 

Xogamos con abanos e serpentinas convertíndose a actividade nunha pequena festa, que continuamos noutra xornada a ritmo de batucada…canto máis ruido, mellor o pasabamos!

As propostas coloridas foron xurdindo en outras instalacións, como a do Arco da Vella, onde imos asociando e comparando cores, ademais de interactuar con este minimundo cheo de cor, creando xa nós novas e fermosas composicións.

E mentres, no noso día a día, amosámosvos como imos adquirindo cada vez máis destreza poñéndonos as botas e quitándonos os abrigos, xerando momentos de gran complicidade e compañeirismo entre as crianzas.

Ata pronto familias!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *