Ola familias!!
Comezou un novo ano e con el chegaron novas experiencias coas que nos enriquecemos día a día.
Estamos no inverno, por iso, non podiamos deixar pasar a ocasión para presentar na aula a caixa do inverno con todo o que precisamos nesta época do ano para estar ben abrigados e saír ña rúa.
Ademais disto tamén xogamos cos minimundos do inverno, coa mesa de luz e diferentes figuras e cores, coñecimos distintas texturas a través de elementos da vida cotiá, xogamos con material de refugallo como tubos de cartón de varios tamaños de diámetro e pelotas e, como non, xogo heurístico con tapas e botes de metal.
Aquí vos deixamos unha mostra, esperamos que vos gusten.
Comentarios recentes