AULA AMARELA: XANEIRO

Ola familias!

Comezamos o ano con moitas ganas de facer novos descubrimentos, e xa que estamos en inverno tivemos moitas propostas relacionadas con esta estación: xogamos con xeo e animais, gozamos cunha instalación de elementos de cores frías,  achegámonos aos minimundos de inverno…

Como as nosas aprendizaxes son en grande medida a través dos sentidos, aproveitamos elementos do día a día que nos poden dar moito xogo: experimentamos as sensacións de manipular a fariña, exploramos os sons, os tamaños e as cores con xogo heurístico empregando botes e tapóns, etc.

O xogo simbólico gústanos cada vez máis, e comenzamos a compartir momentos cos amigos/as: xogamos aos médicos, a facer pistas de coches…imitando o mundo dos “maiores” integramos e damos sentido ás nosas experiencias.

Outras das cousas coas que gozamos moito no noso día a día é cos contos e máis se os vemos representados, como foi neste caso o da Cidade de Cores, apoiando a imaxe en elementos simbólicos sinxelos, e para facer máis significativa experiencia creamos despois unha gran cidade  coa que xogar. Os contos son tamén marabillosos cando nolos contan as persoas que queremos e admiramos, como os irmáns maiores! Un día Lucas, o irmán maior de Leo, visitounos e ensinounos un conto moi chulo 🙂 . E agora que xa imos sendo máis maiores, como vedes tamén gozamos moito con momentos de “lectura” individual… 

Ata pronto familias! 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *