AULA ROSA: DECEMBRO

Ola familias!!

Acabamos de pasar un mes especial e máxico para todos e todas donde os encontros familiares e as vacacións de nadal marcaron o día a día.

Entre as actividades que fixemos destacamos a manipulación de papel burbulla polo cal os máis atrevidos/as pasaron descanzos por riba del, xogos de luces con guirnaldas de nadal, tocamos a pandeireta ao son das panxoliñas, xogo heurístico con bolas de cores…e como non, a visita de Papá Noel e dos Reis Magos que realmente non nos fixo moita gracia pero gustáronnos moito os seus agasallos 😉

Ademais, tivemos un encontro moi bonito con todos/as vos para cantar panxoliñas en vésperas de noite boa. Unha vez mais dámosvos as grazas pola vosa colaboración no día a día da escola.

Feliz aninovo a todos/as, un bico.

Tania e Sonia

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *