AULA VERDE: DECEMBRO

Ola familias, decembro foi un mes máxico e queríamos deixarvos por aquí algunhas actividades dos pequechos/as: visitaron o poboado e participaron na súa decoración, experimentaron con elementos propios destas datas, festexáronas con moita música e fixeron transvases.

Ademais tiveron visitas moi especiais como: a de Papá Noel, a dos Reis Magos, a de Caxoto Contacontos e a vosa para tocar panxoliñas. Moitísimas grazas tanto ao Concello como ás familias, estamos moi contentas de recibir o novo ano con vós 🙂

1 comment on AULA VERDE: DECEMBRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *