AULA DE TARDE: NOVEMBRO

Ola familias! Neste mes de novembro centrámonos no outono e en experimentar e desfrutar cas posibilidades que este nos ofrece, para isto fixemos distintas actividades cas que desfrutamos un montón, como transvases con noces, probar froitos típicos da estación, pintar mandalas con cores de outono, experimentar cunha percha sensorial composta por follas e piñas, mini mundos…

Tamén non divertimos moito xogando con teas de cores, cos animais e facendo transvases con arroz. 

Por último, e como sempre, traballamos as emocións, neste caso centrámonos na alegría a traves de varios contos como “Andando polo camiño” e “Mis pequeñas alegrías”, cantando cancións e mesmo cunha sesión de risoterapia. 

Gozamos tamén dunha festa de Magosto, na que comemos castañas e bailamos cós Brigantinos. 

Un saudo e ata o próximo mes 😉 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *