AULA AMARELA: NOVEMBRO

Ola familias!

Neste mes continuamos explorando todas as posibilidades e sensacións que trae consigo a estación do Outono. Adicámonos a saborear os seus froitos típicos, manipulamos e transvasamos noces, fixemos un mandala coas follas caídas das árbores do noso xardín. Adentrámonos nas construcións simbólicas que representan os minimundos, recreacións a pequena escala nesta ocasión dun bosque outonal e dunha colorida aldeíña coas súas casas e habitantes. Estas propostas proporcionan marabillosos espazos de xogo nos que combinar materiais, asociar cores e toda unha chea de posibilidades de goce e aprendizaxe.

Pasámolo tamén moi ben con outras actividades como as pistas de coches coas súas pontes, garaxes… e con outras nas que nos concentramos moito como os transvases con arroz, cos gozamos moitos metendo e sacando, enchendo e valeirando ou apilando.

Aínda que as emocións as traballamos en cada momento do nosa xornada, este mes propuxemos varias experiencias relacionadas coa emoción que da nome á nosa aula, a alegría. Representamos o conto de “As miñas pequenas alegrías”, bailamos a danza da alegría con panos de cores ou gozamos con algo tan sinxelo e máxico como as pompas de xabón.

Como vedes, pasámolo de marabilla! Ata pronto!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *