AULA VERDE: NOVEMBRO

Ola familias! No mes de novembro estivemos a traballar o outono: visitamos o recanto desta estación, xogamos con follas secas e transparencias na caixa de luz, manipulamos froitas da tempada, experimentamos cun colgadoiro sensorial e festexamos o magosto co grupo Os Brigantinos.

Ademais, no recanto artístico, xogamos con fariña e fixemos un mandala. Outras actividades centráronse en fomentar a psicomotricidade, tanto fina (transvases) como grosa (circuíto de saltos).

Por último falamos da alegría, unha das emocións a traballar este curso. Deixámosvos unha fotografía do baile que realizamos coa canción “alegría” de María Fumasa.

Unha aperta. Vémonos pronto.

 

 

1 comment on AULA VERDE: NOVEMBRO

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *