AULA AMARELA: OUTUBRO

Ola familias!

Despois dunhas primeiras semanas de adaptación ao novo entorno e ás rutinas da escola, comezamos Outubro con moitas ganas de experimentar e vivir novas experiencias. 

Aproveitamos a chegada do Outono para poñernos en contacto cos cambios que se producen na natureza e achegarnos aos costumes propios desta época. Gozamos facendo a vendima, recollendo as uvas dos acios e probando o seu zume. Descubrimos o fermosas que se ven as follas das árbores enriba da mesa de luz, que sempre da un toque máxico. Achegámonos ao recanto de outono para manipular os froitos típicos desta época e visitar a exposición de cabazas que trouxemos da casa. Con elas fixemos tamén instalacións de xogo combinándoas con outros elementos naturais. Asistimos a unha proxección da historia de ” Corre, corre, cabaciña”, na que ficamos moi atentos!

Gozamos especialmente con actividades tan sensoriais como pintar con iogur, ou experimentar facendo transvases con arroz. O xogo heurístico con elementos como tapóns e botes gustounos moito, así como o xogo libre con caixas de moitas formas e tamaños, dándolles un uso do máis variado.

Como vedes estivemos moi atarefados neste mes! 

Unha aperta familias!

 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *