AULA DE TARDE: OUTUBRO

Ola familias! Empezamos este novo curso traballando con moitas ganas. Neste mes de outubro fixemos moitas actividades coas que desfrutamos un montón, como a vendima ( na que nos encantou comer moitas uvas), pintar con iogur,xogar co dado e o panel das emocións, manipular diferentes elemento do outono e xogar na mesa de luz entre outras.  

E para rematar o mes como se merece tivemos unha exposición de cabazas (grazas a vosa colaboración) e fixemos unha gran festa de Samaín, na que nos disfrazamos e bailamos e cantamos cancións de fantasmas, esqueletos e bruxas! 

Vémonos o próximo mes 🙂 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *