AULA VERMELLA: OUTUBRO

Ola familias! No mes de outubro comezamos a traballar as emocións, temática da escola para este curso. Empregamos un dado e un taboleiro e tamén elaboramos o noso propio panel. Ademais estivemos coñecendo a nova aula a través de diferentes recantos.

Un dos eixes principais foi a vendima: recollemos a uva, pisámola e probamos o mosto. Xa cara final de mes as bruxas e os fantasmas foron os protagonistas, outorgándolle ao Samaín a relevancia que merece. Para conmemorar esta data visitamos a exposición de cabazas (decoradas en familia) e asistimos a un contacontos terrorífico.

Unha aperta, vémonos pronto 🙂  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *