Mes: Xuño 2018

Ahí vai o maio!

Neste mes fixemos de todo! Dende sementar herba e argallar coa terra entre transvases, pasando por instalacións con papeis de cores, ata ver medrar aos poliños que tivemos de invitados na escola. Como nos encantan os minimundos… desta vez xogamos cos animais mariños nun pequeno mundo cheo de espuma! Pintamos con ramiñas de árbores e […]

Flores

Boas familias! Como non podía ser doutra maneira, ao longo do mes de maio seguimos a falar da primavera. Fixemos actividades con flores, coas abellas, co seu mel, transvases con terra, xogos con cartóns… Ademais, chegou unha incubadora á escola chea de ovos, e despois duns días de espera, estamos fascinados con tódolos poliños que […]

Cociñeiros: Fiunchos

Ola familias. No mes de maio estivemos a traballar a primavera: pintamos con flores, experimentamos cunha caixa de xardinaría, manipulamos terra, plantamos sementes… Por outra parte, aproveitamos esta estación para o coñecemento dos animais. Neste senso asistimos ao recuncho das abellas e probamos o mel. Tamén visitamos a incubadora para ver como nacían os poliños. […]

Os pintores no mes das flores

Ola familias! Estas semanas estivemos moi entretidos experimentando cos cambios que se producen na natureza nesta estación: plantamos sementes e ocupámonos do seu coidado, fixemos transvases con terra, achegámonos ao proceso de fabricación do mel, pintamos con plantas e flores que agroman na primavera, camiñamos sobre un corredor sensorial con elementos naturais… Tamén gozamos con […]