Os pintores reciben a primavera

Ola familias!
Os pintores festexamos a chegada da primavera descubrindo moitas actividades relacionadas con esta estación: recollimos flores no campo e despois fixemos botellas sensoriais con elas, deseñamos mandalas florais, fixemos un rico batido con froitas de tempada e gozamos de coloridas instalacións. Nestas semanas dedicámonos tamén á expresión artística como bos pintores que somos: pintamos con especias, con pan raiado sobre a mesa de luz, en papel de aluminio, sobre cartóns ao son da música…mirade que ben o pasamos!

DSC00581

DSC00627

DSC01245

DSC00622

DSC00411

DSC01127

DSC00864

DSC01202

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *