Mes: Marzo 2018

XARDINEIROS: ENTRE MÁSCARAS

Bo día familias!! En febreiro estivemos metidos/as de cheo no entroido, polo que traballamos en torno a esta festividade; xogamos có baúl de disfraces, imitamos o entroido con fariña, elaboramos e desfrutamos dos nosos traxes de xardineiros, divertímonos con unha instalación de confetis e abanicos. Tamén fixemos diversos trasvases, psicomotricidade fina e caixa de luz […]

Viva o entroido!!

Febreiro foi o mes de celebrar o entroido e a iso adicamos as semanas que acabamos de pasar. Xogamos a disfrazarnos, a pintarnos as caras, con confeti e cintas de cores como se dunha gran festa se tratase…Ademais, seguimos ao pe da letra as mensaxes que nos deixou o Meco na escola e trouxemos algo […]

O entroido dos pintores

Este mes os pintores desfrutamos de moitas actividades relacionadas co Entroido, achegándonos ás tradicións do noso contorno. Cumprimos os mandatos do Meco: pintámonos a cara, trouxemos adornos na cabeza…pareciamos auténticos choqueiros! Viaxamos ao Entroido de Xinzo xogando coa fariña, experimentamos na mesa de luz con plumas e teas de cores, enredamos con abanos e papeis […]