Mariñeiros: Os Maios

Ola familias! O mes pasado estivemos a coñecer os insectos que adoitamos ver na primavera axudándonnos, por exemplo, dun panel de relación e dun obradoiro de maquillaxe. Tamén celebramos a festa dos maios.

Por outra parte traballamos o corpo humano a través dunha silueta na que tiñamos que pegar as diferentes partes. Con respecto ás emocións conseguimos identificalas por medio dun dado, un vídeo do Monstruo das Cores e un panel no que as distintas educadoras aparecen sorrindo, chorando…

Compartimos ademais dúas fotografías nas que o pasamos en grande: unha de psicomotricidade e outra xogando con pompas de xabón. Despedímonos cos aniversarios de Nico e David O. Felices 3 aniños pequerrechos 🙂

(1)

(2)

(3)

(4)

(5)

(6)

(7)

(8)

(9)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *