A PRIMAVERA DOS MERGULLADORES

A nova estación trouxo a aula dos mergulladores novas e diversas experiencias durante o mes de Abril. Comezamos visualizando unha sesión de títeres do conto da oruga larpeira, para logo elaborar en cada aula a nosa propia. Tamén creamos un arco da vella que todas as familias podedes ver no pasillo da nosa escola, no que nos encargamos de pintar de cor laranxa, e facer boliñas da mesma cor para logo pegar. Ademais, continuando coas cores, xogamos coa caixa de luz e unhas lentes moi divertidas, manipulamos xelatina e unhas mariposas sensoriais que nos deixaron experimentar coas mesturas das cores primarias e secundarias. Adicamos un día a elaborar un semilleiro no que prantamos sementes de salvia e xirasol. Con todo e con isto, tivemos tempo de facer un alto no camiño para facer unha sesión de psicomotricidade e outra de xogo heurístico, ademais de festexar a pascua e o día do libro. Con tal motivo aproveitamos para inaugurar a nova biblioteca da escola.
1 (1)

1 (2)

1 (3)

1 (4)

1 (5)

1 (6)

1 (7)

1 (8)

1 (9)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *