Ola familias! Na aula dos mariñeiros/as dedicamos o mes de abril a traballar a primavera: plantamos bulbos e sementes, pintamos a nosa parte do arco da vella, coidamos aos gusanos de seda, experimentamos coa caixa de luz, saboreamos xelatina de cores…
Tamén conmemoramos o día do libro despedindo a antiga biblioteca da escola e dándolle a benvida a unha biblioteca máis actualizada. Finalmente realizamos un xogo para buscar os ovos de pascua.
Despedímonos cos aniversarios de Yago, Adri e Gabri. Felices 3 aniños pequerrechos 🙂
Comentarios recentes