No mes de Abril empezamos a achegarnos a estación da Primavera mediante diversas actividades: Pintamos ovos de Pascua que posteriormente buscamos polo xardín, coñecimos as eirugas da escola que xa levan case un mes con nos e estan crecendo moitísimo.Tamén fixemos un arco da vella entre toda a escola. Unha das actividades que máis nos gustou foi a de plantar, xa que puidemos xogar coa terra, esconder a semente e regar, agora temos por diante a tarefa de seguir coidando as nosas plantiñas.
O 23 de Abril con motivo do día do libro, a nosa biblioteca mudou a súa estrutura e realizamos a nosa asemblea neste novo recanto.
Comentarios recentes