Neste mes de Novembro seguimos coa nosa viaxe coñecendo os oficios do mar, nesta ocasión centrámonos nos mariñeiros. Apareceu na aula un cofre cheo de elementos mariñeiros cos que estivemos a xogar. Experimentamos coa auga e diferentes elementos para comprobar a flotación, xogamos coas cordas que empregan os mariñeiros e construímos un barco para poder viaxar. Tamén fixemos una marioneta dun peixe e polbos voadores.
Con motivo do 25 de Novembro estampamos as nosas mans contra a violencia de xénero e colocamos un mural na escola.
Comentarios recentes