No mes de Novembro, os mergulladores descubriron as características da profesión dos mariñeiros. Para isto, vimos un conto mariñeiro, experimentamos coa flotación e coa area, decoramos cunchas e mesmo fixemos marionetas con animais do fondo do mar. Como non podía faltar, elaboramos o noso propio barco mariñeiro no que navegamos ata mares moi profundos. Grazas a colaboración dunha familia, temos un acuario na escola, e todos os nenos e nenas están moi ilusionados cos peixes que ali viven (Marshall, Chase e Skye), e como non podía ser de outro xeito, nos fomos os encargados de decorar o fondo do acuario con un bonito mural. Ademais o 25 de Novembro conmemoramos o día da non violencia. Entre tanto traballo tamén tivemos tempo de festas, xa que neste mes, os mergulladores Alicia, Egan e Vera xa cumpliron un aniño. Parabéns pequechos!!!
Comentarios recentes