Mariñeiros: Navegando polo Sil

Ola familias! Durante o mes de outubro os mariñeiros/as estivemos a navegar polo Sil, facendo algunha parada para coñecer o seu contorno. Isto permitiunos participar na vendima e desenvolver numerosas actividades de outono: estimulación sensorial con froitos da tempada (ulímolos, tocámolos, probámolos e clasificámolos), troquelamos follas secas e xogamos a atrapalas esparexidas polo chan, experimentamos con granadas na caixa de luz, celebramos o magosto…

Tamén traballamos o Samaín: visitando a exposición que creamos coa vosa axuda, por medio dun xogo de cabazas, ao experimentar con vendaxes de momia e gorros de bruxa e cunha festa á que acudimos todas as aulas. Finalmente démoslle a benvida a Carlota e festexamos os aniversarios de Juan e Andrés. Felices 2 aniños pequerrechos 🙂

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *