Os mergulladores viaxan polo Sil!

Chegou o mes da vendima e do outono, e que mellor maneira de coñecer novas experiencias que facendo unha viaxe polo Sil. Aproveitamos para descubrir a nova estación, que viña cargadiña de cousas novas que explorar. Fixemos a nosa particular vendima: primeiro manipulamos e mais tarde esmagamos a uva. Démoslle a benvida ao outono, e recibímolo coa aula cargadiña de follas secas. Tamén coñecimos os froitos propios da estación e ata decoramos unha fermosa alfombra de outono. Como é propio en nos, festexamos o Magosto e o Samaín. Ademais este mes estivo o noso amigo Noel de aniversario. Moitos parabéns Noel!!!!!
1 (7)

1 (8)

1 (6)

1 (5)

1 (4)

1 (3)

1 (2)

1 (1)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *