África

Ola familias! No mes de xuño estivemos a traballar o continente da nosa aula. Para coñecer África:

– Fixemos experimentación Waldorf con follas da selva.
– Elaboramos colares manipulando pasta.
– Confeccionamos o safari que tedes á entrada da escola e visitámolo cos prismáticos para non perder detalle do panel interactivo e do photocall.
– Pintamos un totem e unha choza.
– Gozamos dun experimento de invisibilidade con animais deste continente.
– Creamos un xilófono de auga co que nos achegamos á música africana…

Tamén tivemos tempo para outras celebracións, como o San Xoan e o aniversario de Diego S. Parabéns pequerrecho, felices 3 aniños 🙂

1

2

3

4

5

6

7

8

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *