Na aula da Antártida festexamos o Entroido!!

Este mes de Febreiro pasámolo xenial co Entroido!! Viñemos á escola cun zapato de cada cor, co nariz pintado, con algo na cabeza e disfrazados como quixemos, estaban todos moi guapos/as!!Tamén houbo tempo para pintar unha máscara e para xogar co colgador sensorial do Entroido.

No noso percorrido polo mundo fixemos unha parada en América para coñecer os seus desertos aproveitando para xogar coa area e para ulir diferentes especias típicas, foi toda unha experiencia.

Tamén fixemos entre todos un recanto do tempo e nós colaboramos facendo unha nube de algodón. Escoitamos cancións do tempo e vimos imaxes dos diferentes fenómenos atmosféricos.

1

2

3

4

5

6

8

7

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *