África: Habelas Hailas!

Ola familias 🙂 Nesta quincena continuamos traballando o outono e o Samaín. Nas fotografías podedes ver un experimento co que traspasamos a cor das follas secas a un filtro de café e tamén a experimentación coas cordas sensoriais. Con respecto ao Samaín xuntámonos todas as aulas para festexalo e a canción que máis nos gustou foi a dos esqueletos.

Ademais recibimos a visita de Amadora a Mergulladora, que nos está a ensinar moito sobre Europa e estreamos un xogo de pesca. Mirade! Mirade!

Por último puxemos en práctica o xogo heurístico (con material de refugallo) e o xogo simbólico (neste caso cos disfraces e co recuncho da perruquería). Tamén asistimos á biblioteca da escola e divertímonos cunha sesión de psicomotricidade.

1

2

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

14

15

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *