África: Entre uvas e follas secas

Ola familias 🙂 Na aula de África dedicamos o mes de outubro a coñecer algunhas das tradicións que se celebran en Europa. Comezamos polo máis próximo, Galicia, achegándonos á vendima, ao outono e ao Samaín.

Para iso: pintamos un acio de uvas; experimentamos cunha bandexa sensorial propia da vendima; recolectamos as uvas, pisámolas e probamos o mosto; estampamos piñas en pasta de modelar; pintamos castañas; decoramos e manipulamos cabazas; acudimos á exposición para ver as cabazas que fixestes as familias…

Ademais celebramos o segundo aniversario de Yago Souto. Parabéns pequecho, grazas por compartir estes momentos connosco.

1

2

3

4

5

6

7

8

9

10

11

12

13

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *