Ola familias 🙂 Na aula de África dedicamos o mes de outubro a coñecer algunhas das tradicións que se celebran en Europa. Comezamos polo máis próximo, Galicia, achegándonos á vendima, ao outono e ao Samaín. Para iso: pintamos un acio de uvas; experimentamos cunha bandexa sensorial propia da vendima; recolectamos as uvas, pisámolas e probamos […]
Mes: Outubro 2015
Na aula da Antártida coñecemos o Outono
Este mes de Outubro estamos coñecendo elementos propios desta estación do ano e tamén as súas festas como a Vendima e o Magosto. Deste xeito experimentamos con uvas e tamén as pisamos e xogamos con piñas e pasta de modelar. O venres pasado celebramos o Magosto que peniña que aínda non poidamos comer castañas. Tamén […]
Chegou o outono a América!!
Ao longo destas semanas estamos a traballar con diversos materiais relacionados co outono, manipulamos pinas e calabazas, pintamos e fixemos a nosa peculiar vendimia…
Asia recibe o Outono!!
Estas semanas estamos a traballar o Outono e os cambios que aparecen coa súa chegada. Ademáis, facendo una achega ao entorno máis próximo, festexamos o Magosto comendo castañas cucias que nos trouxo unha castañeira típica e tamén comezamos a preparar unha festa que da moito medo…o Samaín!!
Benvidos a África
Ola familias 🙂 Para adaptarnos á escola na aula de África dedicamos o mes de setembro a explorar os diferentes materiais. Mirade! Mirade!
Chegamos a escola
Os Europeos comezaron o novo curso con moitas ganas. Aínda que por momentos foi un pouco duro entre nós axudámonos a superalo xogando. Non só traballamos nós, tamén fixemos traballar un pouquiño os nosos papás e mamás para que nos apoiasen nesta nova aventura.
Benvidos á Antártida!!
O curso comezou na aula da Antártida e as nosas crianzas chegaron a nosa escola para coñecer as mestras e o resto de amiguiños/as. Tamén atopamos moitos xoguetes e diferentes utensilios para coñecer e experimentar. Pouco a pouco xa nos imos adaptando a vida da escola e estamos a pásalo moi ben!!
Benvidos/as á escola !!
Comezou un novo curso e, como sabedes, a escola transformouse no mundo, cada aula é un continente e nos somos América. Ao longo deste ano experimentaremos, manipularemos e xogaremos con múltiples elementos que nos acercarán a este mundo que nos rodea. Os primeiros días na escola utilizámolos para coñecernos e adaptarnos pouco a pouco aos […]
Benvidos Asia!!
Este novo curso na escola imos a traballar os continentes e a nosa aula converteuse en Asia, afondando en China e na India para facer una bonita decoración. Os primeiros días adicámolos á adaptación dos amig@s novos e a decubrir a nova aula e os novos xogos que nela imos a desenvolver. Queredes ver o […]
Comentarios recentes